Recursos de Galicia e Enerxía Comunitaria, camiños entrelazados
Enerxía Comunitaria SL está a desenvolver unha serie de encontros con persoas e entidades para presentar o seu proxecto. Desta volta acudimos a Santiago para visitar a Recursos de Galicia (RdG), unha empresa público privada coa que compartimos obxectivos: ambas queremos achegar os beneficios da transición enerxética ás comunidades locais.
Obviamente, Recursos de Galicia é unha iniciativa máis ampla, máis forte e máis diversa do que é Enerxía Comunitaria SL. Pero durante a reunión mantida co seu Conselleiro Delegado, Emilio Bruquetas, e coa responsable de comunicación, Cruz Devesa, foi reconfortante identificar a vocación común de soberanía sobre os recursos do territorio. Así mesmo, coincidimos na necesidade de un maior desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia que permita mellorar calidade de vida de todos os actores participantes sen comprometer os valores ambientais, culturais e identitarios.
É dicir, ambas empresas coincidimos na necesidade de incrementar o retorno económico dos proxectos eólicos no territorio, e de procurar unha maior aceptación social.
Recursos de Galicia expresou que a súa colaboración coa proposta de Enerxía Comunitaria pode encadrarse en varios ámbitos. En primeiro lugar, puxeron á disposición de Enerxía Comunitaria todos os seus recursos humanos para definir o proxecto inicial, é dicir, para plasmar o primeiro parque eólico comunitario nun proxecto viable e alcanzable no curto prazo. En segundo lugar, o Conselleiro Delegado comprometeuse a tratar dentro das súas estruturas a posibilidade de que RdG sexa parte do capital social de Enerxía Comunitaria. Finalmente, RdG ofreceu a opción de que a produción eléctrica do parque comunitario comunitaria cando opere sexa parte da comercialización que vai realizar directamente RdG.
Recursos de Galicia é unha ventá de ar fresco para a transición enerxética comunitaria. E o Código Ético e o Pacto de Socios do Enerxía Comunitaria encaixan perfectamente con ese obxectivo compartido.
Buscar
Artigos recentes
Enerxía Comunitaria no Pont-Up Store
Estamos moi emocionados por ter sido convidados a participar nesta iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo principal obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. Como spin-off da [...]
Enerxía Comunitaria colabora co Consello da Cultura Galega
A xornada “Innovación nun clima que cambia”, organizada polo Consello da Cultura Galega o 17 de xuño de 2026 en Santiago de Compostela, ofreceu un espazo privilexiado para reflexionar sobre como a innovación pode responder [...]
Do monte á enerxía: o que hai que cambiar para que as comunidades de montes sexan protagonistas da transición enerxética
As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) son propietarias colectivas de case un terzo do territorio forestal de Galicia. Teñen vento, teñen sol e teñen terra. O que non teñen, polo de agora, [...]
Enerxía Comunitaria abre unha nova vía de contacto directo en Telegram
A partir de agora, calquera persoa interesada na nosa iniciativa pode contactar con nós de forma directa e privada a través de Telegram. Só tes que buscarnos polo noso nome de usuario (@Enerxia_Comunitaria) ou acceder [...]
Recursos de Galicia e Enerxía Comunitaria, camiños entrelazados
Enerxía Comunitaria SL está a desenvolver unha serie de encontros con persoas e entidades para presentar o seu proxecto. Desta volta acudimos a Santiago para visitar a Recursos de Galicia (RdG), unha empresa público privada [...]
Enerxía Comunitaria na Prensa: Artigo de Opinión en Nós
Un dos nosos socios, o catedrático de economía aplicada da Universidade de Vigo, Xavier Simón, vén de publicar un texto en Nós Diario. Nese texto deféndese que outro modelo enerxético é posible. Explícase como, co [...]











