Quero Participar2026-01-03T02:11:01+01:00

Quero Participar

7

N° Socios

17.500€

Capital social

19/02/2025

Última aportación

Para formar parte de Enerxía Comunitaria S.L., só tes que facernos chegar esta CARTA DE INTENCIÓNS cuberta cos teus datos persoais e co número de participacións que desexas ó email enerxia.comunitaria@uvigo.gal. Unha vez recibida, poñerémonos en contacto contigo para indicarte cando se abrirá o prazo de ampliación de capital.

Podes unirte adquirindo participacións no capital social de Enerxía Comunitaria desde 2500€. Convidámoste a ser máis que un consumidor pasivo: convértete en protagonista do futuro enerxético de Galicia.

Coñece ben todos os nosos documentos fundacionais:

Preguntas frecuentes

Cales son os riscos de asociarse?2025-12-12T20:45:18+01:00
As persoas socias non responden persoalmente das débedas que poida ter Enerxía Comunitaria S.L. con terceiras persoas (acredores). Das débedas sociais só responde a sociedade co seu propio patrimonio. Agora ben, as aportacións ao capital social feitas por cada persoa socia están expostas ao risco empresarial, polo que, no caso de liquidación de Enerxía Comunitaria S.L., a persoa socia recibirá, en concepto de cota de liquidación, unha cantidade que pode ser igual, maior ou menor a aportada ao capital social, dependendo da situación patrimonial da sociedade liquidada.
Que vantaxes ten asociarse?2025-12-12T20:45:48+01:00

Por una banda, participar nun proxecto empresarial socialmente responsable que apoia a xeración de enerxía limpa e que está profundamente vencellado ao noso territorio. Por outra, formar parte dunha empresa que pretende obter beneficios, que ficarán aquí e que poden ser repartidos entre as persoas socias en propoción a inversión inicial realizada

Por que unha S.L. e non unha cooperativa?2025-12-17T12:40:03+01:00

As S.L. axéitanse mellor ao modelo empresarial que desenvolve Enerxía Comunitaria. No caso dunha Cooperativa, o elemento caracterizador radica na participación das persoas socias na actividade cooperativizada (xeración de enerxía eólica), cousa que non acontece neste momento inicial no proxecto empresarial de Enerxía Comunitaria: producir enerxía a partir dun paque empresarial eólico para vendela no mercado. Non obstante o anterior, a estrutura societaria de Enerxía Comunitaria S.L., tense baseado nos principios propios do cooperativismo, primando a participación e o poder de decisión das persoas socias nos órganos representativos da sociedade.

Como se xestiona Enerxía Comunitaria S.L?2025-09-07T02:40:21+02:00

Como calquera sociedade de capital, Enerxía Comunitaria S.L. posúe dous órganos de xestión. A administración que está composta polas persoas administradoras e que actualmente organízanse de xeito mancomunado. Calquera decisión ten que ser adoptada co consentimento de varios administradores. A Xunta Xeral, órgano no que participan todas as persoas socias e que, dada a configuración da sociedade nos seus Estatutos, dáselle maior preponderancia que nunha sociedade de capital convencional.

Como facerse socio?2025-12-12T20:47:15+01:00

Ponte en contacto con nós por correo electrónico ou vía esta web se cres que a nosa iniciativa paga a pena e que poderías aceptar os nosos documentos fundacionais (Pacto de Socios, o Código Ético e os Estatutos da Sociedade). Se comprendes e estás dacordo coa nosa iniciativa, ten en conta cal son os umbrais mínimos de participacións que se deben adquirir en función de se es persoa física ou empresa (ver FAQ seguinte). Deberás asinar unha carta de intencións para deixar constancia do teu interese,

Quen pode asociarse?2025-12-12T20:49:02+01:00

Calquera persoa física ou xurídica que acepte o Pacto de Socios, o Código Ético e os Estatutos da sociedade e cumpra as condicións necesarias. Estas son, no caso de persoa física, ser maior de idade, ter capacidade para contratar e suscribir un mínimo de 10 participacións sociais de 250 euros cada unha. As persoas xurídicas e entidades sociais, en ambos casos sen ánimo de lucro, deberán subscribir un mínimo de 10 participacións.  As sociedades mercantís que teñan a condición de PEMES deberán subscribir 20 participacións. As institucións públicas e empresas non PEMES deberán subscribir un mínimo de 40  participacións.

E se quero deixar de ser persoa socia?2025-12-17T12:36:34+01:00

Non existe o dereito a deixar de ser persoa socia. Consonte á Lei, a forma ordinaria de deixar de ser socio é transmitindo (mediante venda, cesión, doazón, etc.) a outra persoa todas as participacións que se teñan no capital social de Enerxía Comunitaria S.L. O artigo 7 dos estatutos sociais regulan o procedemento de transmisión. Non obstante, a persoa socia que discrepe de determinados acordos de especial transcendencia adoptados pola maioría da xunta xeral da sociedade, terá dereito a separarse. Neste caso, a persoa socia que se separa percibirá polas súas participacións sociais o valor acordado coa sociedade, e en ausencia de acordo o valor contable que resulte do último balance da sociedade aprobado pola xunta xeral.

Podo incrementar o meu capital nun futuro?2025-12-17T12:38:05+01:00

Si. Mediante a sinatura da Carta de Intencións, a persoa socia pode manifestarlle á sociedade a súa vontade de mercar máis participacións sociais. En función da demanda que poida existir, antes ou despois, a Xunta Xeral de Enerxía Comunitaria SL comprométese a adoptar un acordo de aumento do capital social, no que a persoa socia terá dereito a participar segundo a información que conste na súa Carta de Intencións.

Go to Top