Beneficios

A crise climática esixe a transición enerxética, pero non está a funcionar. O modelo actual mantén á cidadanía e ás comunidades locais como consumidores pasivos mentres os territorios rurais soportan o impacto das instalacións e os beneficios económicos foxen para as grandes corporacións.

Nós somos Enerxía Comunitaria, S.L, unha spin-off da Universidade de Vigo que nace para darlle a volta a esta situación. Somos unha empresa colaborativa, aberta, participativa e de estrutura democrática, creada  para poñer a enerxía en mans da cidadanía.

Colaborativa

Por medio da acción colectiva seremos capaces de xogar un papel activo no mercado eléctrico

Aberta

Todas as persoas e entidades interesadas, públicas ou privadas, poden participar sen exclusións

Participativa

Todas as persoas socias teñen dereito a participar na xunta xeral, o órgano onde se toman as decisións relevantes

Democrática

As decisións da xunta xeral tómanse por unha maioría de persoas, non de capital

En resumo, a nosa regra é sinxela: as persoas están por enriba do capital

O noso proxecto pioneiro é poñer en marcha un parque eólico comunitario de 5 MW, capaz de producir enerxía limpa para máis de 3.000 fogares. Non só poderás obter un rendemento económico pola túa participación no capital social, senón que,sobre todo, estarás promovendo unha inciativa que procura o desenvolvemento local e apostando por unha sociedade máis sostible e participativa.

Cales son os beneficios de sumarse?

Apoderamento individual e colectivo: Serás protagonista dunha transición enerxética xusta. Terás nas túas mans que o beneficio económico desta transición fique aquí, no noso territorio, nas nosas comunidades 

Retorno económico: Participarás dos beneficios que xere a enerxía producida en función do capital achegado, asegurando que a riqueza queda no territorio.

Impacto social e ambiental: Creas unha ponte solidaria entre o rural e o urbano e contribúes a un modelo enerxético 100% limpo.

Xustiza territorial: Aseguramos que os propietarios dos terreos reciban unha remuneración xusta e poidan participar como socios.