Non existe o dereito a deixar de ser persoa socia. Consonte á Lei, a forma ordinaria de deixar de ser socio é transmitindo (mediante venda, cesión, doazón, etc.) a outra persoa todas as participacións que se teñan no capital social de Enerxía Comunitaria S.L. O artigo 7 dos estatutos sociais regulan o procedemento de transmisión. Non obstante, a persoa socia que discrepe de determinados acordos de especial transcendencia adoptados pola maioría da xunta xeral da sociedade, terá dereito a separarse. Neste caso, a persoa socia que se separa percibirá polas súas participacións sociais o valor acordado coa sociedade, e en ausencia de acordo o valor contable que resulte do último balance da sociedade aprobado pola xunta xeral.