Enerxía comunitaria, vai a Terra Chá presentar o proxecto
O martes 21 de xaneiro 3 membros do grupo de promotores da iniciativa do primeiro parque eólico comunitario en Galicia estarán en Muras para presentar o proxecto a todas as Comunidades de Montes dese territorio.
A reunión será na no local coñecido como A Casa do Médico, preto da casa consistorial de Muras, ás 15:30. É un acto aberto a todas as entidades de Muras e da Terra Chá. Tamén poden participar pequenas e medianas empresas, así como a cidadanía en xeral.
Con esta primeira reunión abrimos un proceso participativo que se estendera por toda Galicia para presentar o noso proxecto de parque eólico comunitaria. Cremos nas enerxías renovábeis, e acreditamos na fortaleza enerxética da eólica como unha fonte a explotar. Pero apostamos por un modelo comunitario, controlado pola cidadanía e polas entidades locais. Isto é Enerxía Comunitaria S.L.
Se queres organizar unha presentación no teu concello, fainos chegar a información a través dos mecanismos que hai nesta web ou directamente ao e-mail enerxía.comunitaria@uvigo.gal
Buscar
Artigos recentes
Enerxía Comunitaria no Pont-Up Store
Estamos moi emocionados por ter sido convidados a participar nesta iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo principal obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. Como spin-off da [...]
Enerxía Comunitaria colabora co Consello da Cultura Galega
A xornada “Innovación nun clima que cambia”, organizada polo Consello da Cultura Galega o 17 de xuño de 2026 en Santiago de Compostela, ofreceu un espazo privilexiado para reflexionar sobre como a innovación pode responder [...]
Do monte á enerxía: o que hai que cambiar para que as comunidades de montes sexan protagonistas da transición enerxética
As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) son propietarias colectivas de case un terzo do territorio forestal de Galicia. Teñen vento, teñen sol e teñen terra. O que non teñen, polo de agora, [...]
Enerxía Comunitaria abre unha nova vía de contacto directo en Telegram
A partir de agora, calquera persoa interesada na nosa iniciativa pode contactar con nós de forma directa e privada a través de Telegram. Só tes que buscarnos polo noso nome de usuario (@Enerxia_Comunitaria) ou acceder [...]
Recursos de Galicia e Enerxía Comunitaria, camiños entrelazados
Enerxía Comunitaria SL está a desenvolver unha serie de encontros con persoas e entidades para presentar o seu proxecto. Desta volta acudimos a Santiago para visitar a Recursos de Galicia (RdG), unha empresa público privada [...]
Enerxía Comunitaria na Prensa: Artigo de Opinión en Nós
Un dos nosos socios, o catedrático de economía aplicada da Universidade de Vigo, Xavier Simón, vén de publicar un texto en Nós Diario. Nese texto deféndese que outro modelo enerxético é posible. Explícase como, co [...]











