Enerxía Comunitaria S.L., unha nova comunidade de enerxía

Enerxía Comunitaria SL configúrase como unha comunidade de enerxía, xa que somos unha entidade xurídica baseada na participación aberta e voluntaria da cidadanía, entidades asociativas, locais e pemes, cun funcionamento democrático e baixo o control das persoas socias. O seu obxectivo principal é xerar beneficios ambientais, económicos ou sociais para os seus membros e para o territorio, que tamén busca a rendibilidade financeira, pero sen priorizala.

Fronte á Comunidades Enerxéticas, nas súas dúas acepcións, maioritariamente centradas no autoconsumo da enerxía que producen e que xa van abondando polo País, Enerxía Comunitaria é unha comunidade de enerxía que aspira a ter por actividade principal a produción de enerxía eólica para vendela no mercado enerxético. Neste senso somos unha iniciativa empresarial pioneira en Galicia, que ten como experiencia máis próxima no Estado o proxecto participativo viuredelaire.cat, promovido e xestionado pola sociedade “Eolpop SL”.

Constituída en 2009 por 4 socios, Eolpop logrou pór en funcionamento un aeroxerador de 2.350 KW en funcionamento en 2018, cuxa produción é vertida a rede eléctrica para a súa comercialización. Os ingresos obtidos pola venta da enerxía producida polo aeroxerador de propiedade compartida (615 participantes-inversores) son repartidos entre participes (cidadás, familias, entidades sen ánimo de lucro, pemes) en proporción a súa respectiva achega económica.

A principal diferencia entre estas dúas iniciativas participativas, a nosa e a catalá, radica na condición xurídica das persoas e entidades que, mediante a súas achegas económicas, fan posible a viabilidade económica do proxecto.  En viuredelaire, a sociedade Eolpop SL está integrada só polos socios promotores, xa que os recursos económicos necesarios (2.800.000 €) foron obtidos mediante a sinatura dun contrato de contas en participación entre Eolpop SL e cada un dos partícipes-inversores, cuxa vixencia contractual coincide cos 25 anos de vida útil do aeroxerador. Pola contra, a persoa ou entidade que decida participar economicamente no proxecto 100% renovable e participativo de enerxíacomunitaria.uvigo.gal adquire a condición xurídica de persoa socia de Enerxía Comunitaria, SL. Polo tanto, o dereito a participar na vida e na marcha da sociedade, tomando democraticamente as decisións necesarias para por en marcha o noso parque eólico, asistindo e votando na Xunta Xeral de persoas socias da nosa comunidade de enerxía.

Buscar

Artigos recentes

Enerxía Comunitaria no Pont-Up Store

25 de julio de 2026|

Estamos moi emocionados por ter sido convidados a participar nesta iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo principal obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. Como spin-off da [...]

Enerxía Comunitaria na Prensa: Artigo de Opinión en Nós

20 de febrero de 2026|

Un dos nosos socios, o catedrático de economía aplicada da Universidade de Vigo, Xavier Simón, vén de publicar un texto en Nós Diario. Nese texto deféndese que outro modelo enerxético é posible. Explícase como, co [...]