A oportunidade da transición ecolóxica coa a cidadanía

As renovables son actualmente a fonte de enerxía eléctrica máis sostible medioambiental e economicamente. Ademais, son facilmente escalables, permitindo desenvolver proxectos rendibles e integrados no territorio, cun dimensionamento axeitado a cada comunidade.

O Plan Nacional Integrado de Energía y Clima (PNIEC), do goberno de España, actualizado a 2023-2030, establece un obxectivo de 62GW de potencia eólica instalada en España no 2030. Actualmente sitúase en 32GW.  A Axenda Enerxética de Galicia 2030, da Xunta de Galicia, establece como un obxectivo de potencia eólica instalada de 7.700 MW para ese ano.  O reto é dunha magnitude considerable.

Galicia conta cunha gran dispoñibilidade de recurso eólico. A potencia instalada sitúase por debaixo dos 4 GW. Nos últimos anos, esta tecnoloxía espertou un rexeitamento social importante por asociarse con espolio e especulación.

A proposta de Enerxía Comunitaria S.L. é sumarse á transición ecolóxica para poñer o noso grao de area na descarbonización da economía e aproveitar un recurso noso, abundante e renovable, como é o vento, para xerar enerxía que fique nas mans da cidadanía. Queremos mostrar que un modelo democrático, ambientalmente respectuoso e economicamente viable é posible. A partir da nosa experiencia, e douras boas prácticas arredor de Europa, os gobernos español e galego deberían modificar o marco normativo para impulsar unha transición enerxética inclusiva e xusta.

Buscar

Artigos recentes

Enerxía Comunitaria na Prensa: Artigo de Opinión en Nós

20 de febrero de 2026|

Un dos nosos socios, o catedrático de economía aplicada da Universidade de Vigo, Xavier Simón, vén de publicar un texto en Nós Diario. Nese texto deféndese que outro modelo enerxético é posible. Explícase como, co [...]

Enerxía comunitaria, vai a Terra Chá presentar o proxecto

16 de enero de 2026|

O martes 21 de xaneiro 3 membros do grupo de promotores da iniciativa do primeiro parque eólico comunitario en Galicia estarán en Muras para presentar o proxecto a todas as Comunidades de Montes dese territorio. [...]

Enerxía Comunitaria na prensa. Reportaxe en Praza.gal

2 de enero de 2026|

Fai uns días, o xornal electrónico Praza.gal fíxose eco da nosa iniciativa. Baixo o título “O vento é noso: o camiño cara ao primeiro parque eólico comunitario de Galicia” o xornal da conta dos principais [...]

A oportunidade da transición ecolóxica coa a cidadanía

19 de diciembre de 2025|

As renovables son actualmente a fonte de enerxía eléctrica máis sostible medioambiental e economicamente. Ademais, son facilmente escalables, permitindo desenvolver proxectos rendibles e integrados no territorio, cun dimensionamento axeitado a cada comunidade. O Plan Nacional [...]

Enerxía Comunitaria S.L., unha nova comunidade de enerxía

18 de diciembre de 2025|

Enerxía Comunitaria SL configúrase como unha comunidade de enerxía, xa que somos unha entidade xurídica baseada na participación aberta e voluntaria da cidadanía, entidades asociativas, locais e pemes, cun funcionamento democrático e baixo o control [...]